ACCEDER

PARA ACCEDER A DATOS GENEALÓGICOS Y DEMÁS INFORMACION, ES NECESARIO REGISTRARSE

XENEALOXÍA DO PAZO DOS BERMÚDEZ DA MAZA DE DORRÓN

    Por Purificaión Rodriguez González

 

PEDRO ARES DE ALDAO  e MARÍA BERMÚDEZ DE CASTRO

Sres. das Casas e cotos de Gondar, Dorrón, Aldán, Vilacoba, Gaxate, Callobre e outros, teñen por fillo e sucesor a:

LUIS BERMÚDEZ DE CASTRO E ALDAO quen casou con  MARÍA SISSO DE IBIAS, filla de Pedro Sisso, rexedor de Santiago de Compostela e Inés López de Ibias. Tiveron por fillos a (1):

D. Pedro Arias de Aldao (fº entre 1535 e 1540)

D. Juan Sisso Bermúdez de Aldao que segue a liña da Casa de Gondar por morte sen herdeiros do seu irmán maior Pedro. No ano 1540 merca ao seu pai o coto de Aldan “co seu solar e porto de mar que está e é sito na fregresía de S. Cebrián de Aldao con todos os seus vasalos, caseiros, foreiros e renteiros e con todos os seus casares(…)e con todo o seu señorío, vasalaxe e jurisdicción (…) o que é meu propio diezmo a deus e perténceme por herdanza e sucesión do meu señor pai Pedro Ares de Aldao”  (2) Casado con Teresa Vázquez de Baamonde terá por filla e sucesora a Dª María Sisso Bermúdez casada con Pedro García Armesto Sres. de Gondar. Á morte de Dª María Sisso Bermúdez de Aldao acaecida en 1611, sen descendencia lexítima a Casa de Gondar pasa ao seu parente D. Francisco Bermúdez de Aldao. “Pedro García Armesto (…) mando sea ¿? e usufructuario e señor dela dicha fortaleza de Gondar (…) por todos os días da súa vida (…) e despois do seu falecemento (…) a dita fortaleza de Gondar as súas terras e xurisdiccións a D. Francisco Bermúdez de Aldao, meu sobriño, fillo de Pedro Bermúdez de Aldao o que chamo a dito vínculo e mayorazgo(…) (3) 

- Dª Isabel Álvarez Bermúdez quen casou con D. Gregorio Reino Mariño, veciño da vila de Caldas e xuíz da mesma. Teñen por fillo e sucesor a Pedro Bermúdez de Castro e Reino quen será señor de Aldán.

--Dª María  Bermúdez de Aldao que será señora do coto de Dorrón.

--Dª Leonor Bermúdez

--Dª Inés Álvarez Bermúdez de Aldao, quen casa con Juan González de Figueroa, e leva en herdanza o coto de Callobre?; Veciños de Santiago. Era D. Juan Señor do pazo de S. Paio de Figueroa na Estrada.

Dª María Sisso de Ibias morreu no ano 1535, e, á súa morte D. Luis Bermúdez casou en segundas nupcias con Dª María Mariño de Lobera, tendo por fillo a Pedro Bermúdez de Aldao, quen será pai de D. Francisco Bermúdez de Aldao quen herdará a Casa de Gondar.

MARÍA  BERMÚDEZ DE ALDAO casou co doutor BARTOLOMÉ GARCÍA DE SANTA CRUZ, veciño e rexedor da cidade de Santiago tendo por fillo e sucesor no coto de Dorrón a Juan Bermúdez de Aldao.

 

JUAN BERMÚDEZ DE ALDAO C.C. Dª FRANCISCA DE LIMA, tendo por fillos a:

--Cristobal Bermúdez de Aldao, crego, rector de Sta. M® de Callobre.

--Sancha Bermudez de Castro e Lobera

No ano 1586, Pedro Bermúdez e Aldao (fillo de Luis Bermúdez e María Mariño) veciño de Sto. André de Xeve, xunto con Juan Bermúdez de Aldao veciño de Dorrón presentan a Cristóbal Bermúdez fillo de Juan para o beneficio curado de S. Martiño de Callobre. (4)

SANCHA BERMUDEZ DE CASTRO E LOBERA c.c. ALONSO DA MAZA, fillo de Juan da Maza e Gerónima de Carreira  (5) Serán veciños “da vila e porto de Sanxenxo”, como consta nun protocolo do ano 1605 ante Gonzalo García de Lores, donde Alonso exercía o seu oficio de escribán de número da xurisdicción da Lanzada.

--D. Gregorio Bermúdez da Maza e Aldao

--Lic. Lucas Bermúdez da Maza

--Juana Bermúdez c.c. Andrés de Mondragón

--Antonio da Mazá (escribán). Posiblemente a liña dos Bermúdez de la la Maza de Nantes.

--Lic. Francisco Bermúdez de Lobera ou Bermúdez de la Maza, crego presbítero veciño da vila de San Xenxo no ano 1627.

--Francisca Bermúdez  c.c. Juan de Torres (Casa das Quintáns, Castrelos)

 

D. GREGORIO BERMÚDEZ DA MAZA E ALDAO C.C. Dª BERNARDA ROMAI E XUNQUEIRAS, filla do licenciado Alonso Romai e Xunqueiras, crego rector de S. Pedro de Campañó, veciña da vila de Pontevedra.

D. Gregorio e Dª Bernarda non tiñan como residencia habitual a casa de Dorrón, posiblemente a súa residencia estivese na vila.

A 22 de xaneiro de 1633 D. Gregorio véndelle ao seu sogro Alonso a xurisdicción do coto de Dorrón “civil e criminal toda ela enteiramente (…) montes, pastos, servicios, vasalos e co cárcere (…) e con todo o demáis a dita jurisdicción anexo e pertencente e, ademáis delo véndelle a casa de suetano? e sobrado en que viven e habitan cando están no dito coto, que está xunto e cerca da igrexa parroquial de dita freguesía; co seu lagar, eira e quinteiro?, cabaleirizas e coas dúas hortas que están xunto á dita casa e a viña do pombal co dito pombal (…)”; véndelle todas as posesións, fincas, montes e prados que ten no coto “por herdanza e sucesión de Alonso da Maza e Sancha Bermúdez de Castro seus pais, difuntos, e de Juan Bermúdez de Aldao seu avó e houbéronas nas partillas cos seus irmáns (…)” (6) 

A 20 de xuño do mesmo ano e ante o mesmo escribán, Alonso Romai cédello xunto con outras propiedades en forma de vínculo e mayorazgo. “Alonso de Romai e Xunqueiras, crego e rector do beneficio de S. Pedro de Campañó e dixo que pola mellor vía e maneira, dende hoxe dito día e por todo tempo de sempre xamais daba e deu en doazón perpetua irrevocable (…) a Dona Bernarda Flores de Romai a súa filla natural habida e procreada antes de ser Crego ni ordeado de orde sacro sendo o susodito libre e solteiro cando a dita dona Bernarda naceu de certa muller tamén libre e solteira e a D. Gregorio Bermúdez de Aldao o seu lexítimo marido (…)a jurisdicción do coto de Dorrón (…) Continúa o documento coa relación de todos os prados, montes, rentas etc. da freguesía de Dorrón. Vincula igualmente á doazón “as súas dúas casas que posúe na vila de Pontevedra na rúa que se di e nomea da Ramallosa que unha delas merquei a Pedro Cruu de Salazar (…) con máis lles dá o lugar todo que se di da Arrotea? Sito na freguesía de Santo André de Xeve na aldea de Filgueira” Establece o protocolo as condicións do vínculo entre as que inclúe a obriga de misas pola ánima do doador Alonso de Romai. (7) 

Tiveron por fillas D. Gregorio e Dª Bernarda a:

--Dª Antonia Bermúdez da Maza e Aldao.

--Dª Jacinta Bermúdez de Aldao

--Dª Petronila Bermúdez de Aldao (1634-?)

Fixo testamento D. Gregorio o 11 de agosto de 1634 ante o escribán Juan de la Vega no que manda ser sepultado na capela maior da igrexa de S. Xoán de Dorrón. Deixa como cumplidores testamentarios ao licenciado “Alonso de Romai Xunqueiras meu sogro e a Lucas da Maza meu irmán…” e por herdeiras universais a “dona Antonia e dona Jacinta Bermúdez de aldao as miñas lexítimas fillas e digo que por canto a miña querida e amada muller dona Bernarda Flores de Romai Xunqueiras …preñada, mando que si ten herdeiro? que levare e fose sucesor do vínculo e maiorazgo que fundou o rector D. Alonso de Romai (…).

Redactou un novo testamento D. Gregorio a 13 de setembro de 1651 na súa casa e entregouno pechado e selado ao escribán Bartolomé Ramos. (8) 

Faleceu pouco despois, xa que a 20 de decembro o seu irmán Antonio Bermúdez de la Maza preséntase ante o xuíz para reclamar sexa aberto o testamento por morte de D. Gregorio.

Dª ANTONIA BERMÚDEZ DA MAZA E ALDAO casou con D. XPTOBAL DE VALCÁRCEL e tiveron por fillos a:

D. Gaspar Gregorio. Valcárcel Bermúdez da Maza e Aldao que segue a liña

Dª Francisca Antonia Bermúdez de Romai que tamén segue a liña.

Dª Jacinta Bermúdez de Valcárcel que tamén segue a liña.

 

D. GASPAR G. VALCÁRCEL BERMÚDEZ DA MAZA E ALDAO C.C. Dª Mª JOSEFA BARBA DE ANDRADE E FIGUEROA filla de D. Pedro Barba de Figueroa e Dª Ana Mª de Andrade Ribadeneira, señores de Pompeán (Sta. María de Paradela – Meis).

Acometeu  D. Gregorio Gaspar reformas importantes na súa casa. Así, no ano 1677 contrata a Simón García mestre de cantería veciño da freguesía de Sta. María de Sacos a construcción da torre hoxe desaparecida. Podemos supoñer cómo era pola descrición que dela fai no contrato “ á parte do levante do correspondente a ela, a que debe ser de sillería de pedra labrada e escodada? polo frente do vendabal e do levante e norte e poñente mampostería; de dous altos; no baixo debe ter catro ventás e no alto outras catro coa súa cornixa e galerías e seis gárgolas e dúas portas ao xeito e forma da que fixo dito mestre a D. Pedro Barba Figueroa na freguesía de Sta. María de Paradela (…) (9) 

Fixo testamento D. Gaspar a 9 de xullo de 1684 ante o escribán Juan Perez de Torres (10) no que manda ser sepultado na igrexa de Dorrón, na sepultura “onde está sepultado don Gregorio da Maza Bermúdez e Aldao meu avó, que é dentro da nave da capela maior”. Deixa por herdeira universal dos seus bens libres á súa dona Dona Mª Josepha Barba de Figueroa, e, a falta de descendencia, herda o vínculo do coto de Dorrón a súa irmá Dª Francisca.

 

Dª FRANCISCA ANTONIA BERMÚDEZ DE ROMAI casou con D. ANDRÉS BARBA DE FIGUEROA fillo de D. Pedro Barba de Figueroa e Dª Ana Mª de Andrade Ribadeneira, sucesor no vínculo de Pompeán. Non tiveron descendencia.

Á morte de D. Andrés casou Dª Francisca con D. Balthasar B. de Arauxo e Somoza (¿-fº 1705) non tendo descendencia. Pasou o vínculo de Dorrón á súa irmá Dª Jacinta.

 

Dª JACINTA BERMÚDEZ DE VALCÁRCEL casou con D. MARCOS CALVO DE NODAL veciño do arrabal de Pontevedra. , serán pais de Dª Manuela Bermúdez de Nodal quen casa con D. Lucas González de Soto tendo por fillos a:

--D. José Antonio Méndez Bermúdez e Aldao

--Dª Mª Andrea

--Dª Mª Josepha

--D. Domingo

--Dª Mª Jacinta González de Soto e Nodal c.c. D. Juan Antonio Pérez Quiñones, fillo de Antonio Pérez Quiñones e Dª Mª Bermúdez de Carballa Pereira e Correa. (11)

Dª Jacinta fai testamento ante Alexandro Suárez Saavedra a 24 de febreiro de 1724 (12); nel manda entre outras cousas ser sepultada na capela maior da igrexa de Dorrón. Mellora ás súas netas Dª Josepha e Dª Andrea con certas propiedades nas que inclúe para Dª Andrea a confirmación da mellora feita por Dª Manuela, nai de Dª Andrea da casa en que viviu “casa sita no arrabal da vila de Pontevedra”. Con respecto ao vínculo de Dorrón “item digo que o vínculo e mayorazgo deste dito coto os seus vens e raíces a el agregados tocan lexítimamente a D Joseph Antonio Mendez Bermúdez e Nodal o meu neto lexítimo, ausente ao presente e aos seus fillos e herdeiros legítimos(…)

 

D. JOSÉ ANTONIO MÉNDEZ BERMÚDEZ E ALDAO casou con Dª ANA SOMOZA DE LA CERDA, da que descoñezo a súa filiación; aparece nalgún documento como Dª Ana dos Santos Zamora. Ten este matrimonio por fillos a:

--D. Juan José Méndez Bermúdez

--Dª Manuela Méndez Bermúdez c. c. D. Juan Antonio de Silva?

--Dª Marina Méndez

--Dª Josepha Méndez

--Dª Francisca Méndez

 

D. JUAN JOSÉ MÉNDEZ BERMÚDEZ. Naceu aproximadamente no ano 1719 e viviu fóra de Dorrón dende o ano 1739 ata 1752 ano en que volta atopándose coa súa casa totalmente arruinada tal e como declara no seu testamento “restituiume a esta miña casa a que atopei en oder da miña nai viúva e catro irmás arruinada dos seus teitos, paredes, pisos e faios, sen portas, ventás nin mobles(…) motivado de las enfermedades que en vida do meu defuto pai e despois da súa morte padeceran entre a familia de dita casa e o  por dita razón enaxenado polo meu querido pai os bens por foros a distintas persoas por unha nimiedade de recoñecemnto de renta (…) sen que na dita casa se obrase cousa algunha antes ben a menos os seus bens, cuios frutos e rentas non cegaban para a manutención da familia ao mes de maio colléndose só de iño como unha pipa e tres moios, por todo o que véndome pobre vergoñento e sen cartos foime forzoso tomar estado de matrimonio no ano de 1663 con Dª Teresa Nogueira Pazos e Cordido filla lexítima (…) e con ela e en dote 3000 ducados cada un de a once reais e con esa cantidade fabriquei de novo e en terra vires a cociña e máis oficinas da casa en que vivo, reedifiqué o buque da casa principal das súas paredes botándolle de  novo pisos, armazón, faios, portas e ventás e en elas unha solaina cuberta co seu teito (…) fabricando de novo un hórreo …” (13) Restituíu igualmente os bens que pertencían á Casa recuperando os vendidos e mal aforados.

Aparece no Catastro da Ensenada (1754) como hidalgo e señor do coto de Dorrón: “Ten o señorío jurisdiccional do coto de Dorrón que se inclúe nesta freguesía preventivo e acumulativo no tocante ao civil e criminal, pero no tocante ao gubernativo e económico pertence ao xuíz da xurisdicción da Lanzada posto pola Dignidade Arzobispal e dito D. Juan Bermúdez ademáis de dito señorío xurisdicional ten a regalía de nomear xuíz trienal que administre justicia en dito coto  que o é actualmente Domingo Estévez, e así mesmo a de nomear escribán de número que o é interino Francisco Antonio Domínguez e por razón de señorío págalle cada veciño en da ano catro maravedíes? E ademáis delo contribúe cada vasalo con un día de servicio…”.

Debeu pasar mala época a Casa de Dorrón xa que un protocolo de 1770 fai referencia a un pleito que “por razón de alimentos” lle poñen a D. Juan José as súas irmás; “supoñendo que lle debe pagar por razón de alimentos unha crecida cantidade polos bens que posúe do seu vínculo e mayorazgo amontoando o que non hai(…) como é público e notorio nesta freguesía e no seu contorno (…) que cando se restituíu ao Real Servicio da súa maxestade atopou case perdidos os bens do seu mayorazgo e a Casa incapaz de habitación e vivenda porque se viu obrigado a tomar estado con Dª Teresa Nogueira e Cordido, recibindo en dote a cantidade de tres mil ducados de vellón os que en prexucio da seguridade dela distribuironse e consumironse na reedificación da motivada casa…” (14) 

Casou como queda dito no ano 1763 con Dª TAREIXA NOGUEIRA CORDIDO E FEIXOO, filla de D. Juan Nogueira de Pazos e Cordido e Dª Leonor Feixoo, veciños de S. Salvador da Lama. Tiveron por fillos a:

- D. Francisco Méndez Bermúdez e Nogueira

--D. Ramón Méndez c.c. Dª Josefa de Lores

--D. Bernardo

--Dª Antonia Vicente

--D. Juan Manuel

--Dª Mª Vicente

--Dª María Josepha

--Dª Mª Tareixa

 

Fixo testamento D. Juan José en 1790 ante Francisco Antonio Pérez de Ocampo, escribán. Nel manda ser sepultado na capela da Virxe do Carmo na igrexa parroquial de Dorrón, e, se non houbese, na capela maior. Faleceu aproximadamente oito anos despois.

 

D. FRANCISCO MÉNDEZ BERMÚDEZ E NOGUEIRA casou con Dª TAREIXA DE ARAUXO E CORREA tendo por fillos a:

--D. Santiago Méndez Arauxo

--Dª Joaquina Méndez c.c. D. Jose Martínez

--D. Gregorio Méndez

--D. Sinforiano Méndez

Faleceu D. Francisco no ano 1844?

D. SANTIAGO MÉNDEZ ARAUXO casou no ano 1824 con Dª CARMEN DE LIS E COUGIL (1800-?), filla de D. Ventura de Lis e Güimil e Dª Mª Benita Cougil Rivas, señores da Casa de Lis en S. Xoán de Meaño. Tiveron D. Santiago e Dª Carmen a:

--D. Luis Antonio Méndez de Lis

--D. Demetrio Méndez Lis

Casou D. Santiago en segundas nupcias con Dª Francisca Ponte.

Faleceu  entre os anos 1848 e 1852.

 

NOTAS

(1) Datos procedentes das partillas á norte de María Sisso que se conservan no AHUS

(2) Protocolo AHP

(3) Protocolo AHP Paz de Samtacruz escribán. Testamento de María Sisso Bermudez

(4) AHP Paz de Santacruz, escribán

(5) Juan de Barbeito, escribán año 1602

(6) AHP Protocolos notaríais de Juan de Vega

(7) AHP Protocolos notaríais de Juan de Vega

(8) AHP Bartolome Ramos, escribán

(9) AHP Gregorio Noble de Agne, escribán

(10) AHP

(11) AHP Alejandro Suarez de Saavedra, Escribán, ano 1708

(12) AHP Protocolos notaríais

(13) AHP Francisco Antonio Pérez de Ocampo, escribán, 24 Xuño de 1790

(14) AHP Protocolos notaríais, Domingo Antonio de Paadín, escribán